CRTVG

Buscar

Núñez Feijoo di que "a soberanía nacional non se pode negociar"

Publicado o 10/02/2019 21:32

Alberto Núñez Feijóo adiantou o regreso da súa viaxe oficial aos Estados Unidos para poder participar nesta concentración na praza de Colón de Madrid. Non foi o único dirixente do PPdeG.

Con el estiveron o secretario xeral, Miguel Tellado, e os presidentes provinciais da Coruña e Pontevedra, Diego Calvo e Alfonso Rueda. En total, uns 400 militantes do PP de Galicia viaxaron aquí nos catro autobuses fretados polo partido ou polos seus propios medios de transporte.

Feijóo acusa a Pedro Sánchez de poñer por diante dos intereses dos españois a súa permanencia na Moncloa, negociando cos independentistas a soberanía do Estado a cambio de apoio para os presupostos.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2019