Núñez Feijóo, tras falar con Calvo, considera "entendible" que o Goberno necesite tempo
• O Goberno insiste en que non pode haber desescalada sen estado de alarma
• O BNG absterase na votación da prórroga do estado de alarma
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou a través da súa conta de Twitter de que a vicepresidenta primeira do Goberno, Carmen Calvo, se puxo en contacto con el para informalo, algo que agradeceu "pese a ser con feitos consumados".
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) May 5, 2020
Núñez Feijóo di que coinciden en que "o primeiro é a saúde, e non hai que deixar de actuar". Con todo, o presidente do Goberno galego asegura que "todas as medidas poden adoptarse sen prorrogar sine die o estado de alarma".
A mensaxe, en castelán, remata abrindo unha porta ao acordo: "Outra cousa é que o Goberno necesite tempo para organizarse", algo que considera máis "entendible" que as razóns expostas polo Executivo central ata agora.