CRTVG

Buscar

Núñez Feijóo: A solución para Alcoa é un prezo concreto da enerxía para que poidan producir con seguridade"

Publicado o 05/07/2019 14:30

Alberto Núñez Feijóo di que a Xunta non ten confirmación dese acordo, que cualifica de parche. O presidente defende que a solución a longo prazo para Alcoa pasa por un estatuto para as empresas electrointensivas e pídelle ao Goberno central que axilice a súa aprobación.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia: "Non necesitamos parches para Alcoa; necesitamos solucións. E a solución para as empresas electrointensivas é un prezo concreto da enerxía para que poidan producir con seguridade. Os traballadores saben que o aliado para manter unha postura moi clara e moi definida a favor de unha solución definitiva para Alcoa, ese aliado foi, é e será a Xunta de Galicia".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/07/2019