Alumnas dun colexio vigués deseñan unha app para recuperar o valor do troco entre as persoas
Publicado o 05/05/2021 15:37
Coidado de nenos, aulas de informática ou recados. A aplicación deseñada por alumnas do colexio Mendiño de Vigo para a materia de Xestión do Pequeno Comercio é un lugar onde concretar e cadrar o que cadaquen precisa.
O seu plan de empresa une a cifra que di que 72 % da poboación española que é pobre son mulleres e nenos, e un concepto tan antigo como o troco desde unha perspectiva solidaria, de xénero e local.
Esta idea pode conducilas ata Silicon Valey, porque o premio do concurso educativo Jóvenes Emprendedores da Fundación La Caixa do que xa son finalistas é, precisamente, unha viaxe á meca das empresas tecnolóxicas.