CRTVG

Buscar

Os clientes dun bar de Betanzos fichan as horas que pasan no local e teñen premio

Publicado o 17/06/2019 22:01

A nova normativa que obriga os empregados a fichar no traballo inspirou o propietario deste bar de Betanzos. O xesto é fácil, nada máis entrar, rexístrase a pegada dactilar dos clientes. 10 horas equivalen a 100 puntos, ou o que é o mesmo: unha consumición gratis. Con 300 puntos gáñase uha camiseta. E os clientes fan tamén suxestións. Este bar de Betanzos xa se fixo famoso por fichar os clientes. En poucos días xa son case un cento de persoas rexistradas.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019