CRTVG

Buscar

Numerosos efectivos traballan arreo para controlar os lumes de Lugo e Ourense

Publicado o 12/10/2017 21:19

Numerosos efectivos traballan arreo para controlar os lumes nas provincias de Lugo e Ourense. En Lugo, seguen activos dous lumes: en Folgoso do Courel e Chantada, que afectan a máis de duascentas hectáreas en total. Esta é a última hora dos incendios da provincia de Ourense dos que informa a Consellería do Medio Rural.

Imaxes desta mesma tarde en Ludeiros, Lobios. Dos tres incendios deste concello, dous están controlados e un estabilizado. Numerosos medios traballar para apagar estes lumes,  Entre eles, efectivos da unidade militar de emerxencias.

Ademais, tráfico alerta de que instaurou o nivel amarelo de alerta na autovía A-52 á altura de Melón por pó e fume. 

En Vilariño de Conso, está extinguido o lume de Fitoiro e activo o de Chaguazoso, onde traballan, entroutros, opito helicópteros e dous avións.

En Chandrexa de Queixa hai agora un incendio xa controlado, que afectou 80 hectáreas. Tamén está controlado o do Carballiño.

No que vai de mes houbo en Galicia 235 lumes, máis da metade en Ourense. A Xunta anunciou que intensificará a loita policial para facerlle fronte á actividade incendiaria e chama á colaboración da cidadanía.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017