CRTVG

Buscar

A Galicia mariñeira celebra o día do Carme

Publicado o 17/07/2019 09:02

É unha das santas máis arraigadas e con máis tradición de Galicia. A Virxe do Carme, a patroa da xente do mar, fai que cada 16 de xullo se sucedan as celebracións na súa honra por toda a comunidade.

Unha das zonas costeiras en que se viven con intensidade os festexos do Carme é a Mariña lucense. As alfombras florais son unha tradición na localidade de Foz, onde numerosos voluntarios elaboran de madrugada os coloridos mantos naturais para que a procesión da Virxe camiñe sobre eles.

Unha xornada festiva que rematará coa tradicional ofrenda ante o monumento do Mariñeiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2019