CRTVG

Buscar

Nueva Pescanova estrea o primeiro dos sete pesqueiros que constrúe en Vigo

Publicado o 09/10/2019 21:32

O Lalandii 1 vai camiño do sur de África na súa primeira travesía. En 20 días estará capturando pescada para a fábrica de Nueva Pescanova en Luderitz. É unha boa noticia para a empresa tras uns anos duros de proceso de reflotación.

"Moi importante. O primeiro barco que constrúe esta empresa en 25 anos. Vén para nós en Namibia. E é un buque que vai marcar a diferenza no que é a frota de fresco polo menos no sur de África", explica Miguel Ángel Tordesillas, responsable de Nueva Pescanova en Namibia.

O Lalandii 1 ten todas as comodidades para o benestar dos tripulantes, e moitas novidades tecnolóxicas.

"É un barco para o fresco. Leva todos os mecanismos modernos de última xeración. Inclúe unha factoría innovadora alí cun tanque para as vísceras. Leva maquinaria para succionar as vísceras e metelas nun tanque e descargalas en terra", conta Claudio Díaz, o seu patrón de pesca. 

É o primeiro dos sete barcos que constúe estaleiros Armón de Vigo para Nueva Pescanova. Tres para captura de pescada en Nambia e catro para a pesca do lagostino en Mozambique. A empresa investirá 42,5 millóns de euros na renovación de buques. A súa construcción dálles traballo aquí a 200 persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019