CRTVG

Buscar

Nueva Pescanova decide o seu futuro nunha reunión clave

Publicado o 26/06/2019 14:53

O grupo empresarial galego Nueva Pescanova convocou hoxe os seus socios a unha reunión que pode ser clave para decidir o futuro da compañía.

Ás 12 da mañá comezou esta reunión do Consello de Administración que entre outros asuntos da orde do día ten previsto o nomeamento de dous novos conselleiros, pasando dos 10 que ten na actualidade a 12.

E malia que oficialmente non está en venda, podería seguir a sorte de Iberconsa, que recordemos foi vendida hai un mes a un fondo de investimento estadounidense.

Nova Pescanova, que é o maior grupo pesqueiro de toda España, con máis de 11.000 empregados e presenza nos 5 continentes, pechou o 2018 con beneficios pero non logrou acadar os resultados proxectados no seu plan estratéxico que remata no 2020.

Os máximos accionistas, Abanca e Sabadell, rechazan unha venda a un fondo de investimento e apostan por manter os órganos de xestión e o poder de decisión en Galicia. De feito, Abanca multiplicou por cinco a súa presenza no accionariado da empresa no que vai de ano e por iso reclama maior peso específico no Consello de Administración.

A outra opción pasa por buscar novos investidores que faciliten a saída dos bancos.


 

Noticias web

26/06/2019