CRTVG

Buscar

Nueva Pescanova aproba as contas de 2018 e nomea dous novos conselleiros propostos por Abanca

Publicado o 26/06/2019 20:47

A compañía comercializou en 2018 case 200.000 toneladas de produtos do mar, un 5 por cento máis ca o ano anterior. O grupo pechou o exercicio cun beneficio neto de algo máis de cinco millóns de euros. É o segundo ano que acaba en positivo despois do concurso de acredores de 2013.

Segundo o presidente do grupo, tras sanear e ordenar, agora o obxectivo da compañía é medrar. Ademais, continúa co proceso de renovación da frota. O próximo mes terá lugar a entrega dun buque para Namibia, e a botadura do primeiro dos que se están construíndo para a filial de Mozambique.

A Xunta de socios tamén aprobou a ampliación do Consello de Administración. En 2017 pasaron de 12 a 10 tras o cesamento dos dous representantes da antiga Pescanova, ao perder peso coa ampliación de captial daquel ano. Agora volven recuperar os 12 membros.

Pescanova emprega máis de 10.000 persoas e está presente en máis de 20 países dos cinco continentes.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019