CRTVG

Buscar

Noya foi o terceiro en Leeds, a casa dos Brownlee

Publicado o 10/06/2019 17:21

Hoxe fai corenta anos Iván Raña. Convertíase no primeiro campión do mundo galego de tríatlon. Nas series mundiais, Javi Gomez Noya persegue o sexto título. Na proba de Leeds, na casa dos irmáns Brownlee, rematou na terceira posición, só superado por Birtwhistle e McElroy. Mario Mola volveu saír mal da auga e non puido conectar co grupo. O vigués Antonio Serrat rematou no posto 18.

Javi Gómez Noya estivo loitando polo triunfo case ata o final, ata que Birtwhistle cambiou de ritmo e gañou con sete segundos de vantaxe sobre McElroy. A nove entrou o ferrolán, que xa é cuarto na xeral das Series Mundiais cando faltan cinco probas.

 

 

 

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/06/2019