CRTVG

Buscar

Novos peches de fronteiras en América Latina

Publicado o 17/03/2020 09:16

O secretario de comercio exterior do Brasil, Marcos Troyjo, reunido con Donald Trump hai nove días, deu positivo no test do coronavirus. Coñecemos este resultado no momento en que O Brasil destina uns 26.000 millóns de euros nun plan de choque contra o virus negado desde hai días polo Goberno Bolsonaro.

Un dos veciños dos brasileiros, Colombia, pechaba nas últimas horas as súas fronteiras tanto co Brasil coma con Ecuador ou Perú e ademais decretaba un illamento colectivo da cidadanía.

No Perú, o estado de emerxencia está declarado xa desde o pasado domingo.

O Uruguai tamén pechou fronteiras tras chegar á cifra de 29 afectados, mentres na Arxentina a infección acada a cifra de 65 casos e en Chile chega ata 155. Precisamente en Chile, e tras o peche das fronteiras, o Goberno decretou o aprazamento do plebiscito que estaba previsto para a reforma da Constitución.

Noticias web

17/03/2020