CRTVG

Buscar

Trasladan ao porto de Cedeira dous veleiros danados polas candorcas

Publicado o 14/09/2020 14:22

Novos incidentes con candorcas cerca das costas galegas. Sucedeu neste caso a unhas catro millas do porto de Cedeira. Nas imaxes vese como un grupo destes cetáceos baten de forma repetida contra un veleiro ata romperlle o temón. A embarcación tivo que ser remolcada por unha lancha da Cruz Vermella.

Pero esta non foi a única intervención da noite, unhas horas antes tiveron que axudar outro veleiro que quedou á deriva a sete millas do litoral tras ser arremetido por outro grupo de candorcas.

Salvamento Marítimo aconsella ás embarcacións non achegarse a estes cetáceos en caso de avistamento.

Noticias web

14/09/2020