CRTVG

Buscar

Cinco persoas falecen por coronavirus en Galicia nas últimas horas

Publicado o 14/09/2020 08:37
• Máis de 5.000 PCR realizadas en Galicia nas últimas 24 horas

 

Cinco persoas ingresadas nos hospitais galegos faleceron nas últimas horas por coronavirus. Unha muller de 95 anos que permanecía no Complexo Hospitalario de Vigo; tres mulleres en Lugo: unha de 95 anos, outra de 87 e unha terceira de 82 procedente da residencia de maiores de Outeiro de Rei, e mais un home de 77 anos tamén hospitalizado en Lugo, usuario da Residencia do Incio, co cal son xa 21 os falecidos que vivían neste centro.

Así, a cifra de persoas mortas en Galicia desde o comezo da pandemia é de 686.

A actualización do SERGAS sitúa en 4.281 os casos activos de coronavirus en Galicia, cun descenso de 55 nas últimas 24 horas. Na área da Coruña son 1.304, 814 na de Lugo, 473 da de Ourense, 470 da de Pontevedra, 366 na de Vigo, 670 en Santiago e 184 en Ferrol. Seguen a baixar os casos na Coruña e soben en Pontevedra. Tamén descenden os novos contaxios, con 234.

Do total de positivos, 26 están en UCI, dous menos que o sábado; 221 en unidades de hospitalización, con 15 novos ingresos, e 4.034 en seguimento domiciliario.

Nos centros de maiores hai 248 ususarios infectados e 90 profesionais das residencias positivos con coronavirus. 

En Galicia hai un total de 15.222 persoas curadas, 229 máis que o sábado. O número de probas PCR realizadas é de 394.634.