CRTVG

Buscar

Novos cruceiros costeiros polas rías de Galicia

Publicado o 04/07/2020 21:27

Cruceiros Costeiros polas rías de Galicia é unha realidade creada con 2 millóns de euros de fondo europeo para coñecer de modo diferente as nosas rías . O programa máis innovador levará aos turistas, a partir do 12 de xullo, á ruta atlántica dos fenicios.

Falamos dunha viaxe de seis días. Pero hoxe, pàra comezar a temporada 2020 de itinerarios náuticos, embarcámonos nun minicruceiro, de medio día, pola Ría de Vigo, cunha única escala na Illa de San Simón. Obrigatoria a mascara para embarcar e o lavado de mans. E unha vez a bordo comeza a experiencia. Neste caso o produto turístico inclúe un patrón que axuda a comprender as maniobras no mar, os ventos, as velas.

En San Simón recólleos ramón para ser os primeiros turistas que visitan guidamente a Illa que fora leprosería e cárcere do franquismo. A súa cas de mediodía agárdaos fondeado na ría.

Noticias web

04/07/2020