CRTVG

Buscar

Novos contaxios en Sarria e Monforte por un bautizo

Publicado o 14/01/2021 14:40

A falsa seguridade que nos dá estar coa familia trae de novo consecuencias. A celebración dun bautizo deixa varios contaxios en Monforte e Sarria. 

"É onde quitamos as máscaras, non nos damos de conta de que traballo fóra e podo levar o virus"; "Podo ter o virus e non sabelo, fas PCR, pero se o estás incubando non o sabes". "É da familia, non vai pasar nada, e relaxámonos".

Seguimos xuntándonos a pesar do risco... Este novo gromo mantén case medio cento de persoas en corentena.

"Vimos de recoller as nenas porque hai positivos no colexio".

Falla a responsabilidade individual e cada vez hai máis a chamada fatiga pandémica. 

"Perdemos o medo e estámonos relaxando, e isto é moi serio, moi complicado e moi difícil".

De momento, confirmáronse sete casos positivos e seguen facéndolles probas a contactos da contorna familiar dos contaxiados.

Noticias web

14/01/2021