CRTVG

Buscar

Novos avances médicos para a solución definitiva da presbicia e o ollo seco

Publicado o 23/05/2019 14:31

Os novos avances médicos permiten a solución definitiva de problemas oculares tan comúns como a vista cansa e o ollo seco. Destas novidades están a falar no congreso de cirurxía ocular inaugurado hoxe en Santiago.

Unha das novidades que chega a este congreso é a utilización de lentes intraoculares trifocais para corrixir, ao mesmo tempo, os problemas de visión en distancias curta, media e tamén de lonxe. Implántanse cunha operación sinxela, duns 10 ou 15 minutos. Supón un avance fundamental para o tratamento da vista cansa.

Mauricio Peralta- Director xeral de Medicalmix: "No momento do tratamento e da cirurxía xa non progresa máis e, polo tanto, é unha solución definitiva. Tanto para presbicia como para as cataratas. Con isto, soluciónanse os dous problemas: o da vista cansa e o das cataratas"

Outra das novidades ten relación co tratamento do ollo seco, que tamén afecta unha parte importante da poboación.

Mauricio Peralta- Director xeral de Medicalmix: "O ollo seco é un problema de sequidade ocular, que notas moita molestia no ollo. Están saíndo tratamentos de novas tecnoloxías, luz pulsada e medicina rexenerativa, que son moi avanzados e chegan a España a través dos oftalmólogos tanto en hospitais públicos como en clínicas privadas"

Son só algúns dos avances que analizan no Congreso da Sociedade Española de Cirurxía Ocular Implanto Refractiva, que inaugurou o presidente do Parlamento galego e que reúne en Santiago máis de 1.000 especialistas da visión.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019