Novo turno de fin de semana dunha das dúas liñas de produción de PSA Peugeot-Citroën
Publicado o 11/10/2020 20:40
Segundo día do novo turno de fin de semana dunha das dúas liñas de producción da planta de Vigo de PSA Peugeot-Citroën. Estas imaxes son desta mañá de domingo. Cando os 600 traballadores contratados rematen a súa quenda, que inclúe tamén o luns festivo, levarán fabricados case 3000 novos coches. As novas contratacións responden á demanda crecente do modelo Peugeot 2008, do que xa hai unha versión cento por cento eléctrica.