CRTVG

Buscar

Tres mortos e dous feridos nun tiroteo nunha tenda en Luisiana, nos Estados Unidos

Publicado o 21/02/2021 09:35
Tres mortos e dous feridos nun tiroteo nunha tenda en Luisiana, nos Estados Unidos

Novo tiroteo nos EEUU

Polo menos tres persoas faleceron e outras dúas resultaron feridas nun tiroteo nunha tenda de venda de armas nun suburbio da cidade norteamericana de New Orleans, no estado de Luisiana. Entre os falecidos está o presunto atacante.

O shériff do condado indicou que un grupo de axentes se desprazou ata a armería tras recibir un aviso sobre un tiroteo no establecemento.

Cando chegaron atoparon tres persoas mortas e dúas feridas de gravidade, polo que foron trasladadas a un hospital. De momento, descoñécense as causas do tiroteo.