CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Novo servizo de Meteogalicia de predicción do tempo

Publicado o 25/05/2015 20:54


Esta mañá Meteogalicia incorporou na súa páxina web un novo servizo de predición do tempo que inclúe información detallada das previsións e tamén da calidade do aire, nos 314 concellos de Galicia.

Hoxe presentouse Galiweather unha aplicación que foi desenvolvida por investigadores da Universidade de Santiago en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente. A nova aplicación utiliza técnicas de intelixencia artificial para xerar automaticamente prognósticos meteorolóxicos en linguaxe natural a partir dos datos numéricos de Meteogalicia. Nós quixemos facernos hoxe unha pregunta e saímos á rúa para saber se a xente de a pé coñece a terminoloxía que utilizan normalmente os meteorólogos. Por exemplo: sabemos que é a presión atmosférica?



Pois xa o ven: son conceptos que se utilizan, que nos soan pero que non a maioría temos de todo claro. A ver se a cousa cambia con esta nova aplicación.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí