Telexornal Serán
Novo roteiro por Nogueira de Ramuín para achegarse a un pseudomenhir de once metros
Publicado o 29/03/2018 20:59
Dende hai un mes unha ruta, aberta e acondicionada por unha asociación veciñal de Nogueira de Ramuín, permite chegar ata o antigamente coñecido coma Penedo Furado. É un pseudo menhir de once metros de altura.
Parece un monumento megalítico do neolítico pero non. É por isto que lle chaman pseudo menhir.
Foron estes tres veciños de Nogueira de Ramuín os que por iniciativa propia e cos seus escasos medios abriron e acondicionaron en só dous meses os case 19 quilómetros da ruta o Camiño da Amargura que permite ver de preto o falso menhir.
Ademais desta ruta fixeron outras dúas máis, en total 60 quilómetros polos que coñecer e gozar das marabillas deste concello da Ribeira Sacra.
Se lles gusta camiñar, xa saben, unha nova ruta por descubrir.