CRTVG

Buscar

Novo repunte de casos activos na provincia de Ourense, que suma 54 novos contaxios

Publicado o 26/09/2020 15:13

A cidade, que duplica a taxa de incidencia galega, segue sendo a máis afectada e a maior concentración de positivos está no Couto. Dende hai dous días ampliáronse a todo este barrio as medidas máis restritivas que hai arestora en Galicia. Un novo pau para os comerciantes, que á vez entenden que son necesarias.

Dende o xoves que se endureceron as medidas restritivas en todo o barrio ourensán do Couto, as rúas non teñen a mesma vida. Dos 689 casos activos hoxe na provincia de Ourense, segundo o Sergas, a metade están na cidade e é no Couto onde hai maior concentración de positivos.

No Couto moitos bares tiveron que pechar ao carecer de terrazas, outros establecementos reduciron horarios e case todos notan un baixón nas vendas. Un dato, no centro comercial aberto do Couto perderon un terzo de asociados por non poder pagar a cota ou porque pecharon o negocio.

No Couto agardan que co respecto das medidas preventivas vaia mellorando a situación. A semana que vén continuará o cribado a persoas voluntarias para detectar contaxiados asintomáticos e frear a transmisión do virus.

Noticias web

26/09/2020