CRTVG

Buscar

Novo récord na tapa de polbo xigante do Carballiño: cortan 500 quilos de polbo en 11 minutos

Publicado o 06/08/2019 21:28

O Carballiño xa está de festa. Acaba de comezar toda unha semana dedicada ao polbo, o produto gastronómico por excelencia desta vila. E empezaron, como de costume, elaborando unha tapa xigante de polbo, coa que cada ano tratan de bater o seu propio récord mundial.

Ás 6 da tarde comezaron a cocer o polbo pero desde unha hora antes os comensais xa esperaban na praza. Ás 8 comezaron a cortar. Tratan de bater a marca do ano pasado, para conseguir, un ano máis, a tapa mais grande do mundo. Conseguírono. En 11 minutos e 4 segundos. Xa teñen un novo desafío para o ano que vén, pero a receita segue sendo un segredo.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019