CRTVG

Buscar

Víctor Navarro, home de confianza do director xeral, é o novo presidente de Barreras

Publicado o 01/10/2019 10:05

Pemex fixo valer o seu peso como accionista maioritario e nomeou como presidente unha persoa da máxima confianza do director xeral. Victor Navarro faise cargo da presidencia, cando menos de maneira temporal, de Barreras despois de que o xoves cesara toda a cúpula directiva do estaleiro vigués.

O seu nomeamento coincide, precisamente, a un día de que se celebre unha xuntanza a tres, da Xunta, Ritz -Carlton e da socidade Pimar, para coñecer a avaliar a situación do estaleiro, especialmente motivada esta xuntanza pola situación de sobrecustos que está acumulando a construción do primeiro megacruceiro de luxo engargado pola cadena hoteleira estadounidense. Un megacruceiro que tería que ser entregado no mes de novembro. Unha data que todo fai indicar que non se vai a cumprir.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/10/2019