CRTVG

Buscar

A Revista

Novo premio para a rehabilitación que Juan Seara e Berta Peleteiro fixeron nunha casa de labranza de Allariz

Publicado o 19/10/2017 13:19

En Allariz visitamos hoxe A Casa da Viña, unha edificación dedicada durante décadas aos labores do campo rehabilitada agora para novos usos. Unha intervención arquitectónica que conta con algúns dos máis importantes galardóns que se outorgan en Galicia.
Este mesmo venres os seus autores recollerán o denominado Gran de Area.

Juan Seara e Berta Peleteiro disque aínda non están afeitos a recoller premios.
Sorprendéronse cando o Colexio de Arquitectos de Galicia, na última edición dos premios que concede bianualmente, considerou o seu traballo na Casa da Viña como a mellor rehabilitación. Agora tócalles recibir un segundo recoñecemento por esta mesma obra.

As comedidas actuacións na Casa da Viña tiñan un obxectivo claro.

Nesta edificación agrícola e centenaria cada espazo tiña a súa función.

Para maximizar a entrada da luz no edificio abriron discretos vans na parte alta da construción. Con este fin recuperaron tamén o encalado nos interiores, unha técnica habitual na antiga arquitectura popular galega.

Na actualidade, A Casa da Viña, amais de estudo de arquitectura, é un espazo de traballo aberto a outras actividades.



Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

19/10/2017