Novo paquete de axudas ao alugueiro da Xunta para persoas en situación vulnerable por mor da covid
Novo paquete de axudas ao alugueiro da Xunta de Galicia para persoas en situación vulnerable por mor da covid-19. Este programa de axudas é continuación do que puxera a Xunta en marcha hai meses, e que beneficiou un milleiro de familias.
Dáselle continuidade este ano cun orzamento inicial duns dous millóns de euros. Os beneficiarios desta axuda recibirán ata un máximo de cincocentos euros durante seis meses consecutivos.
O proceso de solicitude, máis simple desta volta, comeza mañá e rematará o día 30 de setembro. Os solicitantes terán que ser os titulares do contrato de arrendamento, a vivenda deberá de ser a habitual e deberán acreditar a súa situación de vulnerabilidade, ben demostrando que están nun ERTE, desempregados ou que viron reducidos os ingresos por mor da pandemia. As axudas serán compatibles co resto de achegas da Xunta, sempre que non cubran o total do importe do alugueiro.