CRTVG

Buscar

Novo modelo de residencias de maiores en Galicia: máis pequenas e personalizadas

Publicado o 16/10/2021 10:29

Máis pequenas, con unidades de convivencia dun máximo de 25 persoas e personalizadas. Así serán as residencias de maiores en Galicia a partir do vindeiro ano 2022, cando se implante o novo modelo que anunciou o presidente da Xunta esta mesma semana no Debate sobre o Estado de Autonomía.

Antón Acevedo, director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, explicou no espazo Bos Días da Televisión de Galicia que as novas residencias deberán converterse en "pequenos fogares" para as persoas usuarias.

Segundo dixo, os coidados serán personalizados o que permitirá protexer a comunidade residencial de gromos de enfermidades infecciosas con mellores garantías para a súa saúde, entre outras vantaxes.

Do mesmo xeito, anunciou que se vai poñer en marcha o primeiro plan de formación continuada para profesionais do sector residencial.

 

 

 

 

Noticias web

16/10/2021