CRTVG

Buscar

Novo cruceiro na ruta Xacobea Antártica do Camiño na Arxentina

Publicado o 09/09/2018 15:21

Dende hoxe mesmo, Bos Aires conta cun novo cruceiro para marcar unha das etapas máis importantes da ruta Xacobea Antártica do Camiño de Santiago, a máis longa da que se ten coñecemento ata o momento e que une a praza do Obradoiro co continente xeado.

Sito nun lugar privilexiado, no atrio da igrexa máis antiga de Bos Aires e a escasos metros da Plaza de Mayo, a inauguración deste cruceiro como símbolo dunha das paradas clave na ruta Xacobea Antártica e para moitos un novo fito da comunidade galega no país. Por iso sairon ás rúas a celebralo cunha auténtica romería no corazón da capital arxentina. 

De cinco metros de altura e elaborado en granito por artesáns galegos este cruceiro loce xa a imaxe do Santiaguiño e a Virxe mariñeira no centro histórico de Bos Aires.O concorrido bautizo foi presidido por autoridades galegas e arxentinas, en representación da irmandade entre os dous pobos. 

Para os galegos é un novo punto de encontro do que se sentiren orgullosos. 

Emoción transformada en arte, como só eles saben facer a 10.000 kilómetros da terra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2018