CRTVG

Buscar

Cribado masivo e tests nas farmacias; a situación na área sanitaria da Coruña é a que máis preocupa

Publicado o 10/03/2021 14:15

Xunta e comité clínico vixían de preto a situación nesta área sanitaria, que ten un terzo dos casos activos de coronavirus en Galicia. Hoxe notificáronse aquí a metade de todos os contaxios novos de Galicia. Para aumentar a capacidade de detección convocan un cribado masivo para o que chamarán máis de 150.000 persoas desta área.

A Consellería de sanidade tamén baralla poñer en marcha en colaboración coas farmacias as probas de detección a través da saliva, como xa se vén facendo con éxito na provincia de Pontevedra.

"Estamos especialmente atentos á situación da área sanitaria da Coruña, estamos facendo un esforzo diagnóstico importante na área, entre hoxe e mañá trataremos de pechar co Colexio de Farmacéuticos da provincia a súa incorporación aos tests de saliva, e vaise realizar nestes días un cribado masivo na cidade da Coruña", explica Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade.

Noticias web

10/03/2021