CRTVG

Buscar

Novo cerco xudicial á ex-presidente arxentina, Cristina Fernández

Publicado o 05/11/2016 14:45

Invetígana por enriquecemento ilícito durante o seu mandato

Sucédense os problemas para Cristina Fernández. Á causa que ten aberta pola venda de dólares a futuro  en detrimento das arcas nacionais súmanse os procesos por presunto enriquecimento ilícito que a manteñen no ollo do furacán.  

Esta mesma semana comparecía por primeira vez ante a Xustiza pra dar contas por presunta corrupción nunha causa que tamén implica ós seus fíllos. O proceso vinculaos co empresario Lázaro Báez, detido por participar dunha presunta rede de lavado de cartos.Fernández negou ser amiga nin ter negocios con Báez, un argumento debilitado logo de que os fillos do empresario asegurasen que ambos comparten a xerencia de hoteis e alugueres. 

Para os fiscais, as contas dos Kirchner non cadran. Por iso, esta semana taxaron a casa que posúen na Patagonia arxentina. É a primera vez que a Xustiza accede ó seu domicilio para determinar o valor real do seu patrimonio.

O Goberno arxentino di que hai que deixar traballar á Xustiza. 

Ademáis, a Fernández veñen de suspenderlle a prestación especial que cobra como exmandataria, pois na Arxentina é incompatible coa que recibe polo falecemento do seu marido, o tamén expresidente, Néstor Kirchner. Deberá devolver o monto que percibiu de máis. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2016