Novo caso de coronavirus en Ourense importado de México
Publicado o 10/07/2020 14:55
Na provincia de Ourense hai dous casos de covid-19 activos, o único novo é importado de México, unha muller sen síntomas que deu positivo no hospital nunha PCR preventiva.
Un mes despois de que a última persoa contaxiada de coronavirus abandonara o hospital, o CHUO tivo que activar de novo o protocolo Covid-19 por unha muller que veu dende México. A muller ía ser intervida cirurxicamente por outra doenza cando deu positivo nunha PCR.
Agora mesmo na área sanitaria Ourense - Verín - O Barco de Valdeorras hai dous casos activos. O outro permanece en seguemento dende hai días dende o seu domicilio.