CRTVG

Buscar

'Novo cangaço': os violentos atracos que aterrorizan O Brasil

Publicado o 31/08/2021 08:45

Tres mortos nun violento atraco no Brasil. Unha banda de 50 delincuentes tomou o control da cidade brasileira de Araçatuba para roubar varios bancos da localidade do interior de São Paulo. Foi un roubo de película en que esta banda de delincuentes actuou como un comando militar.

Atan veciños aos seus coches para que lles sirvan como escudos humanos. Non dubidaron en bloquear rúas, colocar quince explosivos que se activaban coa calor ou movemento en puntos estratéxicos da cidade, usar drons para controlar os movementos da policía, e rodear o cuartel da Policía Militar.

Chegaron a media noite en dez coches e pecharon a vila a tiro limpo e entraron nos bancos. Os atracadores empregan un importante arsenal de armas, entre as que están metralladoras que poden derribar un helicóptero.

O atraco á cidade de Araçatuba, preto de São Paulo, rematou con tres mortos, un deles foi un atracador e dous cidadáns. Tamén houbo catro feridos, o máis grave un ciclista, ao que tiveron que amputarlle as pernas ao estouparlle unha das bombas dos atracadores. Tamén hai tres detidos.

Este tipo de asaltos, chamados do 'novo cangaço', son marca do grupo criminal chamado Primeiro Comando da Capital, empregándoos como un xeito de financiarse.

Noticias web

31/08/2021