Novo brote no santuario de Fátima, en Portugal
Os novos casos de Covid-19 en Lisboa e a organización de festas ilegais preocupan o Goberno do país veciño. Hoxe tamén sabemos dun brote no santuario de Fátima.
Hai 16 casos entre os traballadores en Fátima, pero, afortunadamente, é persoal que non ten contacto cos peregrinos, de feito, forman parte do coro. Despois de que un deles dera positivo porque tiña síntomas, seguiuse o protocolo que se aplica en Portugal e realizáronse tests de xeito masivo, o que deu como resultado eses 16 casos.
Por outro lado, nas últimas semanas en Portugal o foco de atención está centrado en Lisboa. O Goberno di que a situación está controlada, pero o 80% de casos de diarios seguen pertencendo á zona da capital e dende Sanidade admitiron que teñen problemas para rachar coa cadea de transmisión do virus nalgúns casos.
As festas ilegais entre mozos non facilitan as cousas; esta fin de semana tiveron que disolver unha en Cascais con 1.000 participantes.