CRTVG

Buscar

Novo atraso na instalación do sistema de máxima seguridade en Angrois

Publicado o 10/04/2019 16:22

Atraso na instalación da máxima seguridade en Angrois. Despois de tres anos de traballos, o sistema ERTMS aínda non está listo no treito entre A Coruña e Vigo. Como mínimo, non empezarán ata dentro de dous meses.

O Adif explica que houbo novas incidencias na instalación que obrigan a unha demora. Falamos do mes de xuño para o inicio da nova fase. O atraso vaise acumulando nunha obra que Fomento anunciou que estaría lista para entrar en servizo o ano pasado. De feito, a parte que está agora en marcha xa tiña que estar acabada en 2017.

Os responsables de Fomento xustifican este atraso na complexidade dun sistema en continuo desenvolvemento que se vai actualizando a medida que mellora a tecnoloxía.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/04/2019