CRTVG

Buscar

Novo aprazamento do xuízo contra dous ladróns albaneses

Publicado o 04/12/2019 12:44

Segundo aprazamento do xuízo contra dous albaneses acusados de roubo organizado e continuado en vivendas.

A principios de outubro foi por falta dun intérprete. Hoxe para asegurar o pagamento de parte da responsabilidade civil aos prexudicados e poder chegar a un acordo de conformidade. Os dous albaneses aceptan a acusación de roubar en once vivendas das provincias de Pontevedra e Ourense, no curto espazo de tempo de cinco días do mes de novembro de 2018. A cambio rebáixanlles a petición inicial de penas de seis e nove anos de cárcere. Un poderá saír de prisión, pero será expulsado de España e o outro terá que seguir preso ata o mes de abril. Sempre e cando aboen a cantidade acordada.

Manuel Ferreiro, avogado defensor dos albaneses: "Parte dese acordo reside en que ingresemos por adiantado 10.000 €. Hoxe chegaban familiares desde Albania con parte deses cartos e o resto faise a través dunha transferencia desde Os Estados Unidos por parte da familia doutro dos acusados. Como non foi posible xuntar eses cartos antes das 9.30 desta mañá, aprázase para que mañá, con eses cartos xa ingresados na conta da Audiencia Provincial, se poida pechar o acordo."

Noticias web

04/12/2019