Ferrol conta cun novo albergue provisional
Publicado o 02/04/2020 14:30
Dende hoxe, Ferrol conta con máis prazas para acoller persoas sen teito, mentres dure a emerxencia sanitaria.
Este novo albergue provisional está instalado na Casa do Mar e ten capacidade para 24 persoas. Foi o Porto o que lle cedeu ao Concello estas instalacións, que a Armada se encargou de acondicionar nun tempo récord.
Ata o momento, o único que funcionaba na cidade era o albergue Pardo de Atín, en Caranza, e xa está ao límite da súa capacidade.