CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Novidades na investigación da "Ruta do diñeiro K" na Arxentina

Publicado o 30/04/2016 14:41

E dende a Arxentina chegan novidades en torno á coñecida como ruta do diñeiro K.
As últimas pescudas nas propiedades do empresario Lázaro Báez, máximo adxudicatario de obra pública durante as presidencias de Néstor e Cristina Kirchner, delatan que boa parte do seu patrimonio pode ser froito de sobrecustos nas facturas públicas.

Cando a Xustiza arxentina ordenou investigar as propiedades do empresario afín ó kirchnerismo, Lázaro Báez, na sureña provincia arxentina de Santa Cruz, para recuperar activos no marco da causa que o xulga como cabeza dunha rede de presunto blanqueo de diñeiro,pola que leva detido dende comezos de abril, non era consciente do que acabarían por atopar.

420.000 hectáreas con numerosos inmobles, xoias, coches de alta gama, incunables e incluso 90.000 dólares en efectivo que fan recordar ás imaxes de La Rosadita, onde se vía ó fillo do empresario contando e trasladando grandes sumas de diñeiro.

Un patrimonio, en definitiva, moito maior ó declarado por Báez ante o fisco arxentino e que, para o fiscal que investiga a causa, afianza a hipótese de que a orixe do diñeiro é froito dos sobrecustes nas facturas por obras públicas.
O fiscal, que tamén pediu investigar á expresidenta Cristina Fernández por branqueo de capitais, asegura que despois destes importantes achazgos, as pesquisas no bastión kirchnerista do sur do país, continuarán por tempo indefinido.

Por outra banda, a Oficina Anticorrupción do Goberno arxentino xa solicitou á Xustiza ser querelante na causa.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí