CRTVG

Buscar

Bos días

Novidades do curso escolar que arranca hoxe en Galicia

Publicado o 11/09/2017 09:27
Novidades no curso escolar que arranca hoxe en Galicia.



Libro dixital. O dez por cento de colexios da comunidade aplica o espazo abalar. Son 11.500 escolares de 154 centros que participan no programa que substitúe os tradicionais libros de texto por materiais de carácter dixital.
A concertada léva o 11 por cento do presuposto de Educación. Este ano aumentaron en 21 as aulas concertadas.
Rematamos con outra novidade deste curso. Catro asignaturas novas no Bacherelato. Son Valores Democráticos Europeos, Consumo Responsable, Mobilidade Escolar Sostible e Segura e Perigos das Redes Sociais.



7 centros con 12 ciclos incorpóranse a educación plurilingüe. En total, 322 en toda Galicia e o obxectivo é que 200 mil alumnos teñan este tipo de ensinanza en 2020.
A novidade principal do inicio de curso é o transporte compartido no rural. Son 513 liñas, o OITO por cento das rutas, que afectan fundamentalmente o rural de Ourense e Lugo. A Consellería acordou ampliar un sesenta por cento a contratación de coidadores. Os coidadores poden vetar os usuarios alleos ao servizo escolar que sexan considerados conflitivos.



CURSO ESCOLAR 2017-2018

LIBRO DITIXAL

11.500 escolares
154 centros

ENSINANZA CONCERTADA
+ 21 aulas

BACHERELATO
Catro novas asignaturas


CURSO ESCOLAR 2017-2018

EDUCACIÓN PLURILINGÜE
+7 centros
322

TRANSPORTE COMPARTIDO NO RURAL
513 liñas
8% das rutas
+60% coidadores
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

11/09/2017