CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Novidades deste curso escolar que acaba de comezar

Publicado o 11/09/2017 14:41

Arrancou o curso e o fíxoo con novidades en Galicia. Unha das principais é a aposta pola educación plurilingüe. 7 centros con 12 ciclos incorpóranse a ela. En total, 322 en toda Galicia, coa vista posta no 2020, data en que se pretende que 200.000 alumnos teñan este tipo de ensinanza. A novidade principal do inicio de curso é o transporte compartido no rural. Son 513 liñas, o OITO por cento das rutas, que afectan fundamentalmente o rural de Ourense e Lugo. A consellería acordou ampliar un sesenta por cento a contratación de coidadores. Os coidadores poden vetar os usuarios alleos ao servizo escolar que sexan considerados conflitivos.

O dez por cento de colexios galegos aplica o espazo Abalar. 11.500 escolares de 154 centros participan no programa que substitúe os tradicionais libros de texto por materiais dixitais. Outra novidade. Catro materias novas no bacherelato. Son Valores Democráticos Europeos, Consumo Responsable, Mobilidade Escolar Sostible e Segura e Perigos das Redes Sociais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí