CRTVG

Buscar

Noventa proxectos beneficiáronse das axudas á acuicultura sustentable

Publicado o 14/08/2019 20:34

Os bateeiros levan o 80% das axudas que a Xunta de Galicia destina este ano a impulsar a acuicultura sustentable. Neste exercicio subvencionáronse 90 proxectos. 75 deles están relacionados coa produción de mexillón.

Rosa Quintana. Conselleira do Mar: " Non debemos esquecer que o 95% da produción de acuicultura en Galicia é de mexillón e polo tanto estamos deseñando distintas axudas para seguir potenciando a produción e a calidade do noso produto".

Galicia pechou o 2018 cunha das mellores cifras de produción de molusco. Unhas 278.000 toneladas que xeneraron unha facturación de 128 millóns de euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019