CRTVG

Buscar

Nove rutas amosarán a historia e o patrimonio de Vigo

Publicado o 15/11/2019 16:09

Nove rutas guiadas afondarán na historia e no patrimonio cultural da Cidade Olívica co programa Coñece Vigo.

Presentárono esta mañá o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a delegada da Xunta, Corina Porro.

O programa contempla visitas de balde ata finais de decembro. Contarán con guías turísticas que ofrecerán información detallada sobre a cidade. Máis de 3.000 persoas poderán gozar desta iniciativa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019