CRTVG

Buscar

Nove mortos tras unha estampida nunha festa dunha favela de San Paulo

Publicado o 02/12/2019 09:16

Traxedia nunha favela de San Paulo. Unha festa en que participaban cinco mil persoas saldouse con nove mortos ao se producir unha estampida. Dous sospeitosos que escapaban da policía agocháronse entre a multidude despois de disparar contra os axentes. Cando estes irromperon no lugar, desatouse o caos. Houbo pedradas, botellazos e gases lacrimóxenos. As mortes producíronse por aplastamento en metade dos enfrontamentos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí