CRTVG

Buscar

Once mortos nos EUA por mor das treboadas de neve e vento

Publicado o 12/01/2020 12:58

Nos Estados Unidos as tormentas que arrasan o sur do país deixan polo menos once mortos. Entre eles un policía e un bombeiro, e unha parella de anciáns, que faleceu despois de que a súa caravana fora arrastrada e esnaquizada polo vento. Xúntanse violentos tornados, con ventos furacanados, chuvia e neve. Centos de vivendas quedaron totalmente estragadas e máis de 200 mil persoas están sen electricidade. Hai un milleiros de voos cancelados.