CRTVG

Buscar

Nove mortos no Xapón polos asolagamentos de chuvias torrenciais

Publicado o 26/10/2019 11:33

As chuvias torrenciais caídas nos últimos días no Xapón deixan polo menos nove mortos nunhas zonas que aínda se recuperan dos estragos do tifón Hagibis de hai dúas semanas. As autoridades continúan hoxe coas operacións de busca e rescate nas prefecturas de Chiba e Fukushima, onde se produciron graves asolagamentos e corrementos de terra. Nalgunhas zonas as chuvias superaron os 280 litros por metro cadrado en 12 horas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/10/2019