CRTVG

Buscar

Nove mortes e 99 casos nas últimas 24 horas en España, con 3 contaxios en Galicia

Publicado o 30/06/2020 17:17
Nove mortes e 99 casos nas últimas 24 horas en España, con 3 contaxios en Galicia

O Ministerio de Sanidade notificou nove mortes con COVID-19 nas últimas 24 horas, de forma que se triplican os decesos notificados onte, 3. Así mesmo, na última semana faleceron 20 persoas, elevando a cifra total a 28.355. Dos 20 falecementos, un localízase en Andalucía, tres en Castela-A Mancha, dous en Castela e León, dous en Cataluña, oito en Madrid, tres no País Vasco e un na Rioxa. 

O número de novos casos sitúase en 99, un lixeiro ascenso en comparación cos 84 deste luns. En España diagnosticáronse xa 249.271 positivos desde o inicio da pandemia. Un total de 982 persoas iniciaron síntomas do coronavirus nas dúas últimas semanas, 309 delas nos pasados sete días. 

Nas últimas 24 horas detectáronse estes casos:

Andalucía 9

Aragón 10

Baleares 3

Castela-A Mancha 1

Castela e León 2

Cataluña 26

Comunidade Valenciana 6

Estremadura 3

Galicia 3

Madrid 29

Murcia

País Vasco 2

Producíronse 153 hospitalizacións na última semana (125.183 en total): nove en Andalucía, catorce en Aragón, un en Baleares, catro en Cantabria, 17 en Castela-A Mancha, 19 en Castela e León, doce en Cataluña, sete na Comunidade Valenciana, catro en Estremadura, dúas en Galicia, 51 en Madrid, oito en Murcia, dúas en Navarra e tres en País Vasco.

E once ingresos en unidades de coidados intensivos (11.664 en total): un en Andalucía, un en Castela-A Mancha, tres en Castela e León, dous en Cataluña, un na Comunidade Valenciana, dous en Madrid e un en Navarra.