CRTVG

Buscar

Nove meses de prisión para o home que causou un incendio forestal nos Blancos

Publicado o 25/04/2019 19:05

A Audiencia provincial de Ourense condena a 9 meses de cárcere e o pagamento dunha multa de 1.600 euros o home acusado de provocar un incendio no concello dos Blancos en plena vaga de lume de 2017.

O tribunal considérao responsable dun delito de incendio forestal por imprudencia grave. Afirman que non se puido esclarecer se prendeu lume para asar un chourizo, como el mesmo declarou, ou para queimar maleza. Tampouco considera probado que existise grave risco para vida das persoas. Así e todo, din os maxistrados, omitiu as normas máis elementais de coidado, sobre todo tendo en conta que estaba declarado risco extremo de incendio.

O acusado xa pagou os gastos de extición, polo que os xuíces aplicaron unha atenuante de reparación do dano.


 

Noticias web

25/04/2019