CRTVG

Buscar

Nove detidos nunha operación contra a trata en Ferrol

Publicado o 19/10/2018 19:41
Nove detidos nunha operación contra a trata en Ferrol

A Policía Nacional informou esta tarde que nun operativo contra a trata de seres humanos, prostitución e contra a saúde pública en Ferrol saldouse con 9 detencións, de España e Colombia, das que 6 ingresarion en prisión. a operación permitiu a liberación sete persoas explotadas, entre eles, un menor que empregaban para cometer feitos delitivos. A investigación iniciouse no mes de xaneiro, cando se detectou a introdución de persoas na zona para o exercicio coactivo da prostitución.

A organización estaba dirixida por unha muller, que segundo relata a Policía, "contaba con varios pisos de citas onde as vítimas tiñan que exercer a prostitución para saldar a débeda contraída.  Os seus líderes cambiaban "os lugares de explotación sexual con certa periodicidade para evitar a súa identificación polas forzas de seguridade". Contactaban en Colombia con persoas en situación de grande vulnerabilidade e necesidade económica, ofreciéndolles a posibilidade de entrada en España".

As vítimas debían permanecer" nos pisos "a disposición dos clientes as 24 horas; dos ingresos que obtiñan, o 50 % era cobrado polos encargados e o otro 50 % destinábase á débeda". A organización tiña dúas vivendas na vila de Cedeira para suministrar drogas, que logo as vítimas debían vender os clientes ou mesmo consumir. 

Noticias web

19/10/2018