CRTVG

Buscar

Nove detidos e 3.000 quilos de cocaína comisados fronte á costa lucense

Publicado o 23/02/2021 20:33

A droga incautouse nun buque en mar aberto fronte ás costas de Ribadeo. Os 9 tripulantes abriron unha vía de auga no barco cando o asaltaron os Geos. Querían afundir a embarcación para eliminar todas as probas. Pero non tiveron sorte.

O buque foi ao fondo en dúas horas. Pero os axentes tiveron tempo de localizar a droga que traían oculta nun compartimento do barco. Os arrestados son todos naturais de Xeorxia e Turquía, pero crese que forman parte dunha organización criminal asentada no Salnés.

Nos próximos días pasarán a disposición xudicial. A droga foi trasladada á Comandancia da Garda Civil en Pontevedra. Os investigadores cren que viña a Galicia para distribuírse por varios países europeos.

Noticias web

23/02/2021