CRTVG

Buscar

Nove de cada dez docentes sinalan que conviven no seu centro con liortas e vandalismo

Publicado o 12/01/2018 14:34

Precisamente hoxe coñecimos os datos de situacións violentas nas aulas ás que se teñen que enfrontar no seu día a día moitos profesores. 

Nove de cada dez docentes sinalan que conviven no seu centro escolar con liortas, vexacións ou vandalismo. Tres de cada catro aseguran que teñen moi pouca ou ningunha autoridade nas aulas. E a cuarta parte mantén que a vida nas clases non é agradable e que a disciplina é insuficiente.

Na mostra participaron máis de dous mil profesores de todas as comunidades autónomas, que denuncian ameazas por parte dos alumnos e das familias, faltas de respecto e indefensión pola súa parte. As situacións violentas máis habituais son liortas, insultos, vandalismo, e enfrontamentos a través das redes sociais. Son datos presentados hoxe polo CSIC.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018