Nove cupóns premiados da ONCE reparten 315.000 € en Pontecesures
Ángel Naveira leva unha década vendendo o cupón da ONCE na localidade pontevedresa de Pontecesures, preto de Padrón. Esta semana repartiu a sorte entre a súa clientela habitual. Vendeu nove cupóns que resultaron premiados no sorteo do mércores con 35.000 euros cada un. En total, 315.000 euros.
"É o que dá aínda máis satisfacción, saber que os premiados están comprando todo o ano e son do barrio".
Aínda que pola vila hai especulacións sobre os afortunados, Ángel prefire ser discreto.
"Eu sei quen son. Xa avisei algúns de que tiñan premiado o cupón que vendín pola tarde. Non podo dicir os nomes porque iso é cousa deles que queiran ou non".
É a quinta vez que reparte un premio dos importantes entre os seu clientes, nos catorce anos que leva vendendo cupóns, primeiro en Vilagarcía e logo en Pontecesures.